Autoavaliación MIM de igualdade

Guía de uso do test de autoavaliación de xénero no sector musical MIM

 

Na Convención de 2005 sobre a Protección e a Promoción da Diversidade das Expresións Culturais, a UNESCO instou á que se adoptaran medidas en apoio das mulleres como artistas na creación, produción e distribución de bens e servizos culturais. A Convención de 2005, proporciona un marco para facer fronte aos desafíos en materia de xénero presentes nas industrias culturais e creativas a través de políticas e medidas integradas baseadas en datos desagregados por sexo (UNESCO, 2019).

Os procesos de medición e diagnose da situación das entidades musicais en materia de igualdade de xénero, son fundamentais á hora de avanzar cara a un ecosistema cultural máis feminista e igualitario.

Esta ferramenta de autoavaliación, que estará dispoñible na páxina web de MIM, permitirá ás entidades musicais coñecer o seu desempeño en termos de xénero, conforme á Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva entre mulleres e homes e maila Axenda 2030.

 

Como realizar o test de autoavaliación

 

i) A persoa responsable das cuestións de xénero da entidade, será a encargada de cubrir o cuestionario. No caso de que esta figura non exista, encomendarase a tarefa á unha persoa do equipo cos coñecementos sobre a entidade suficientes como para poder ofrecer respostas a preguntas transversais en torno á mesma.

ii) Para poder ter acceso á autoavaliación, haberá de responder a unha serie de preguntas xenéricas de obrigado cumprimento.

iii) Deste xeito, accederase á autoavaliación que consta de diferentes preguntas en materia de xénero sobre a entidade.

iv) Estímase que o test de autoavaliación pode cubrirse nuns 10 minutos.

v) Unha vez completado o cuestionario, na páxina web aparecerán os resultados da autoavaliación xunto cunha serie de recomendacións adaptadas ás respostas proporcionadas pola entidade.

vi) Recoméndase facer a diagnose anualmente, para así poder identificar en que medida mellorou a entidade en termos de xénero.

vii) Habilítase un correo electrónico ao que remitir calquera dúbida ou suxestión en relación coa autoavaliación: autoevaluacion@asociacionmim.com

viii) Haberá de aceptar as condicións de uso dos datos para que a ferramenta poida xerar a avaliación.

(ix) No caso de que desexe conservar a autoavaliación, ten a posibilidade de cubrir o formulario en formato PDF, a fin de poder gardar o cuestionario e mailas recomendacións.

Nome da persoa informante
*Posto que desempeña na empresa
*Nome da entidade
*Correo electrónico
*Ano da diagnose